Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reclamará a Adif o cambio das pantallas opacas do Coto

pantallas

A moción, presentada polo Partido Popular, recibiu o apoio de todos os grupos da oposición polo que se instará a entidade do Ministerio de transportes a que proceda ao cambio das pantallas acústicas do Coto en Cesantes por outras de menor altura e transparentes para minimizar o impacto ambiental e paisaxístico das pantallas actuais “un auténtico muro de máis de seis metros de altura”.

Unha petición que chegaba a pleno logo de que os propios residentes na zona denunciaran a decisión de Adif de colocar pantallas opacas de ata seis metros de altura nunha zona na que o ruído do tren non molestaba ao atopárense as vías a vinte metros por baixo das súas propiedades.  Unha situación que afecta a numerosos veciños da zona do Coto que ven como as súas vivendas quedan agora detrás dunha pantallas completamente opacas que lles quitan as vistas e a luz.

Na súa exposición da moción a popular Ana Alonso, reclamaba o apoio do restos dos grupos para lograr que Adif substitúa estas pantallas por outras de menor altura e transparentes e criticaba tamén ao goberno local por “non ter presentado as alegacións correspondentes en tempo e forma cando o proxecto chegou ao departamento de urbanismo”.

Ana Alonso, PP

O BNG amosou o seu apoio total á veciñanza afectada e insistiu que nos últimos meses teñen presentado numerosas iniciativas no Congreso “cousa que non fixo o PP” para que a situación mellore. “Non é de recibo os prexuízos que padecen estes veciños que perden horas de luz diaria, cuxas propiedades estanse devaluando e cando hai temporal teñen que ver como o vento bate contra eses muros”. Criticaba tamén Xoán Carlos González que o Concello non tivera tomado a iniciativa neste asunto.

Xoán Carlos González, BNG

A concelleira socialista Rita Pérez aseguraba que si se fixeron dende o goberno local trámites cos técnicos de Adif para tentar dar resposta ás queixas veciñais. Engadiu que a veciñanza era coñecedora de que o proxecto estaba en urbanismo e que algúns presentaron as alegacións correspondentes. Sobre os contactos do goberno con Adif insistía en que “as negociacións continúan pero a modificación das pantallas é moi complicado conforme a lexislación vixente”.

Ríta Pérez, PSOE

Tamén dende AER insistían en que malia a prexuízo que estas pantallas supoñen para veciñanza non se deben crear falsas esperanzas “porque esta moción non ten capacidade para modificar a situación actual”.

Roberto Villar, AER
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará