Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade acolle a estrea de “Indóciles” espectáculo homenaxe a Luisa Villalta

indóciles

O Multiúsos de Arcade acolle ás 19:00 horas de hoxe con entrada de balde o espectáculo multidisciplinar das creadoras Mónica de Nut, Vero Rilo e Nuria Vil no que se lembra a Luisa Villalta, homenaxeada polo Día das letras galegas.
Unha narración non lineal ideada por ideada por Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, que reúne música, poesía e narración oral para achegar ao público a obra da poeta coruñesa. Na obra escénica fíxanse principalmente en títulos de Villalta como “Papagaio”, “As certezas de Ofelia”, “O paseo das esfinxes”, “As chaves do tempos” e a obra poética en “pensar é escuro”.
“Villalta foi unha autora comprometida e versátil, cun legado literario provocador e rebelde. A proposta de ‘Indóciles’ é tamén provocadora e rebelde, ca narradora oral Vero Rilo, a recitadora Nuria Vil e a música de Mónica de Nut”, explican as creadoras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará