Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela dá os primeiros pasos na Axenda Urbana que definirá o seu futuro

redondela

A empresa de consultoría Khora Urban Thinkers é a encargadade elaborar este informe que permitirá a Redondela optar ás axudas dos fondos europeos nos próximos anos. O obxectivo é contar cunha “folla de ruta” na que se recollan actuacións en diferentes ámbitos estratéxicos como a humanización das rúas, a posta en marcha de sistemas de iluminación eficiente, plans de aforro enerxético ou a rehabilitación do patrimonio. O goberno anuncia que se reunirá coas asociacións veciñas para recoller as súas demandas e incluílas nesta Axenda urbana.

Ademais de actuacións urbanísticas tamén ser abordará no eido da economía e o emprego a dinamización do comercio local e a formación nas novas tecnoloxías, entre outras cuestións, e incluranse cuestións vencelladas co medioambiente, as prestacións dos servizos sociais, atención á cidadanía, plans de igualdade, etc.

Para a redacción do Plan de Acción da Axenda Urbana está a elaborarase un diagnóstico previo da situación do municipio, das necesidades que existen e os ámbitos de mellora. A partir desta análise e tamén dos datos recollidos no proceso de participación cidadá, elaboraranse as liñas estratéxicas que servirán de base para definir as actuacións que van ser recollidas no Plan de Acción.

O goberno local ten previsto reunirase coas asociacións veciñais para recoller as súas suxestións e demandas que serán incluídas neste documento estratéxico que ten que marcar a estratexia e as accións para facer de Redondela e as súas parroquias uns espazos de convivencia máis amables, saudables e seguros.

Elaborado pola empresa de consultoría Khora Urban Thinkers, adxudicataria da licitación, a Axenda Urbana será un documento de planificación territorial que, de forma sintética e con enfoque transversal, recollerá os grandes proxectos estratéxicos a implementar na localidade durante os próximos anos. O informe servirá para preparar a candidatura ás axudas de fondos europeos para proxectos de investimento relativos a desenvolvemento urbano sustentable no municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará