Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela regulará e promoverá a colaboración veciñal na xestión das colonias felinas

control felino

A veciñanza respondeu moi positivamente á xuntanza sobre control e recate felino

O concelleiro de Sostibilidade, Roberto Villar, salienta a implicación de  moitos veciños e veciñas que dende hai anos traballan polo benestar dos animais que viven na rúa, pero entende que é preciso identificar a esas persoas e regular a súa labor así como favorecer que aqueles que o desexen poidan participar como voluntarios nesta actividade. O edil lembra que durante o Nadal paralízase o programa de adopción felina “porque os animais non son un agasallo”.

A campaña leva entregados xa 56 animais “gatos que acabaron en mans de familias responsables e aos que salvamos de morrer na rúa, que se recuperaron e se esterilizaron evitando tamén que continuaran reproducíndose”.  Unha iniciativa que está a funcionar moi positivamente e que retomarán logo das datas do Nadal, xa que durante esta época paralízase de xeito puntual. Insiste o edil ne que hai xa tres animais á espera de seren adoptados pero como seres vivos que son “non poden ser tratados como agasallos”. De feito, é algo habitual que as propias protectoras paralicen as adopcións en Nadal para evitar a impulsividade e fomentar a tenza responsable.

Roberto Villar, concelleiro de sostibilidade

Ante a resposta tan positiva por parte da cidadanía á charla sobre rescate e control felino celebrada a pasada semana, a Concellería ten previsto repetila para abordar novamente o tema da Lei de Benestar Animal así como incidir no papel fundamental das persoas colaboradoras “imprescindibles para que os proxectos de atención animal funcionen”.

Insiste Villar en que malia que o Concello é responsable do benestar animal precisa tanto do apoio das protectoras, no caso de Redondela a protectora Animais sen fronteiras, como de persoas que de xeito altruista dedican parte do seu tempo a desenvolver accións encamiñadas a protexer a eses animais que viven na rúa “e que sen a súa axuda estarían en moito peor estado”.

Lembra o edil que a campaña de Control e rescate conta cun orzamento mínimo de 15.000 euros e que non supón deixar de gastar noutros servizos ou deixar de atender outras necesidades do concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará