Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para a última visita ornitolóxica na Enseada de San Simón

san_simon

Unha actividade que servirá para clausurar a sexta edición do programa de rutas da Deputación de Pontevedra “Voando nas Rías Baixas” . A actividade terá lugar o vindeiro domingo 26 de novembro pola Enseada de San Simón. As persoas interesadas en participar deben inscribirse no enderezo www.depo.gal.

A iniciativa organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife busca dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos. A ruta, que se desenvolverá o 26 de novembro e para a que se ofertan 25 prazas gratuítas, permitirá coñecer as aves que habitan na Enseada de San Simón.

Nesta paisaxe intermareal a influencia das mareas propicia a invernada e o paso migratorio de aves acuáticas e mariñas, ademais de paseriformes dos contornos arbóreos, o que fai que sexa un espazo protexido pola Rede Natura 2000.

A  andaina estará conducida por dúas guías ornitolóxicas de SEO Birdlife. Como recomendacións para os participantes, aconséllase levar roupa cómoda e calzado apropiado para moverse polo terreo, así como protector solar. Cada participante terá á súa disposición prismáticos de observación de aves, así como dous telescopios terrestres de alta gama para poder desfrutar das aves sen molestalas. Tamén recibirán como material didáctico unha guía de aves, así como unha lista de aves para que elaboren a súa lista durante a ruta. No caso daquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo recoméndase que os leven, ao igual que un pequeno caderno para aprender a facer un caderno de campo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará