Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo académico de Belas Artes, Alejo Amoedo, actúa na homenaxe a Dorothé Schubarth

LH1A0575-2

O músico e académico redondelán Alejo Amoedo pasará a formar parte da Real Academia de Belas Artes como membro numerario froito dunha longa carreira profesional traballando en diversos proxectos de divulgación da música galega. Entre estes atópase o seu actual cargo como docente no Conservatorio Superior de Música de Vigo, coordinador do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega, asesor da Fundación Reveriano Soutullo; fundador da Irmandade da Música Galega e socio de Pertenza e membro electivo do plenario do Consello da Cultura Galega.

A súa profesión no é algo fortuíto, pois tanto o seu avó como o seu pai dedicáronse a interpretación e serviron de exemplo para impulsar os seu interese pola música. O seu pai tocaba a trompeta nos Rítmicos de O Porriño e en Gran Casino e o seu avó foi membro da banda de Redondela e na Banda de Cabeiro, alfo do que está ”moi orgulloso” e que vinculou moito a súa familia coa vida social e cultural de Redondela.

A Real Academia Galega de Belas Artes é unha institución dedicada a promover, dar visibilidade e poñer en valor a cultura e a arte de Galicia. Non é casualidade, nin resulta estraño que Alejo Amoedo sexa unha extraordinaria opción para continuar con esta labor dentro do ámbito musical. Toda a súa vida estivo precisamente enfocada neste traballo. Ademais das súas habilidades artísticas é un, investigador, divulgador e docente con paixón, polo que sempre ten un consello para as e os músicos de nova xeración. Aconsella “non poñer fronteiras a arte, estar aberto a todo tipo de música e darlle importancia e valor a investigación e a colaboración que nos enriquece como sociedade”.

Este ano a Real Academia Galega de Belas Artes homenaxea ao trobador Martín Códax no Día dás Artes Galegas 2023. Será nun acto que terá lugar, a partir das 12.00 horas, no Auditorio do Teatro Afundación e no que Alejo Amoedo participa na interpretarán cantigas deste trobador tan importante e influínte na nosa historia, ademais dun amplo repertorio que inclúe Soedades, de Marcial del Adalid; As lixeiras anduriñas, de Juan Montes Capón; Cantiga, de José Castro Chané; y Maio longo, de José Baldomir.

Esta fin de semana temos a sorte de poder escoitalo tocar o piano, o seu instrumento principal, acompañando a soprano de nacionalidade rusa Anna Melikhova durante o acto de homenaxe a  Dorothé Schubarth que se celebra o sábado 11 de novembro no Multiusos da Xunqueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará