Hoxe é Martes 7 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A borrasca Ciarán deixa árbores caídas en Redondela

portela

Árbores caídas, postes de telefonía e de alumeado público en risco de virse abaixo, balsas de auga, accidentes nas estradas por mor do mal tempo son algunhas das incidencias que se teñen detectado nas últimas horas na nosa bisbarra. Árbores caídas na Portela e no Viso provocaron incidencias na circulación así como un farol do alumeado público en Chapela, no alto da encarnación.

Unha das incidencias máis salientable foia provocada por unha árbore que se precipitaba na zona da Portela e que deixaba a estrada completamente intransitable dende a madrugada. A árbore foi retirada polos efectivos do SEIS en colaboración cos operarios do departamento de Vías e obras.

Explica Aaron Fernández que a situación “agravouse nas últimas horas porque esta madrugada deixou fortes refachos de vento acompañados de fortísimas precipitacións” con todo asegura que “o peor aínda podería chegar na xornada do venres para o sábado cando se espera unha situación máis complicadda cunha forte borrasca que vai afectar a nosa zona”.

Cáida de obxectos de todo tipo serán novamente o perigo máis obvio polo que se recomenda a toda a veciñanza ser moi prudentes á hora de saír á rúa “nas zonas máis rurais pola posible caída de árbores e pólas, mentres que nos centros urbanos recoméndase aos viandantes que estean moi pendentes de posibles caídas de macetas -que deberían retirarse de balcóns e ventás- ou de elementos das fachadas e os tellados que poidan desprenderse”.

En canto aos anegamentos o peor momento vivíase na fin de semana con chuvias moi abundantes que cadraron con mareas vivas e que provocaron que toda a zona do paseo de Cesantes se anegara así como a estrada baixo o “escalextri” que tivo que ser cortada ao tráfico.
Ante claquera incidencia insiste Aarón que a forma de proceder é poñéndose en contacto co 112 “é o centro de coordinación que se encarga de trasladar os avisos tanto a policía local como ao SEIS que nos trasladamos ao lugar no que se produce o incidente e procedemos a resolvelo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará