Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR acada unha importante vitoria en Xixón

sarTriunfo

Foto: Patry Rivas

División de Honra Prata Feminina

Xixón 27-28 SAR Rodavigo

Segunda vitoria consecutiva en liga e con moitísimo mérito. As de Vero Posada trouxeron de Xixón unha importante e pelexada vitoria coa que encadean dous triunfos consecutivos. A igualdade entre os dous equipos foi unha constante no partido con 15-14 para as locais no descanso. Ampliou distancia o Xixón cun macador de 20-17 no minuto 38, pero aí chegou a reacción da SAR, que volveu empatar o partido a 21 goles cando restaban 15 minutos de xogo. O final foi de infarto, con empate a 27 a falta de menos de dous minutos. A SAR logrou o gol que as puña por diante e as locais xa non puideron achegarse con perigo á portaría redondelá. O triunfo déixaas no 7º posto da táboa. Esta fin de semana reciben na Bomboneira ao Camargo, que é 6º, e co que están empatados a puntos.

Primeira Autonómica

Mecalia Atl.Guardés 23-22 BM Chapela

A sorte volveu fallarlle aos de Mingos, que unha vez máis quedaron coas mans baldeiras nun encontro moi igualado e competido. Na próxima xornada reciben na casa ao Magope Seis do Nadal

Pontedeume 21-30 SAR

Vitoria a domicilio contundente a da SAR, que se confirma como un dos equipos da parte alta a tan só 1 punto do líder, o Poio, e cun partido menos. Na próxima xornada recoben en REdondela ao Atl. Guardés.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará