Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O programa “Ti si podes” trata as adiccións desde un enfoque comunitario

ALBORADA

A Asociación Alborada, que traballa desde hai décadas no tratamento e prevención das adicción, puxo en marcha un novo programa con pacientes de Redondela e Chapela. Trátase do programa de intervención comunitaria “Ti si podes”. A traballadora social Cristina Rey e a educadora social Andrea Pérez trasladan o traballo das consultas tradicionais á contorna dos usuarios. Visitan o seu domicilio, o seu barrio e implican tamén aos servizos sociais do Concello e as asociacións da zona. Rey explica que o traballo en Chapela comezou hai xa anos pola proximidade xeográfica do seu centro de Vigo a este barrio de Redondela “e que o resultado foi moi positivo”.

Cristina Rei, traballadora social de Alborada

Agora, con máis financiamento, teñen en marcha o programa de intervención comunitaria “Ti si podes”, co apoio do Servizo Galego de Saúde e a colaboración do Concello de Redondela.A problemática á que se enfrentan é moi diversa, xa que nas visitas domiciliarias atopan tamén en ocasións casos de violencia e outros traumas familiares, como explica Andrea Pérez.

Andrea Pérez, educadora social de Alborada

Este tipo de programas xa se feito en intervencións para casos de saúde mental, pero é novidoso no tratamentos de adiccións. O prinicipal cambio é que no programa “Ti si podes” o paciente non acude á consulta ou ao despacho dos profesionais, senón que as reunións fanse na propia contorna do paciente, “no seu domicilio, con visitas ao barrio, están máis coidadeos e créase un vínculo maior”.

Neste programa os pacientes non acuden ao servizo, senón que as profesionais acuden ao seu domicilio

A problematica que presentan as persoas con adiccións non só lles afectan a eles, tamén a súa contorna, ao seu barrio, e mesmo ás veces as traballadoras do programa detectan focos de venta de droga. Por iso a avordaxe dos problemas ten que se ampla “e este programa ten un enfoque comunitario moi potente”.

O problema das adiccións afecta a toda a sociedade, e a resolución debe ser tamén comunitaria

Este programa foi seleccionado, ademais, para ser incluído nunha guía de boas prácticas tras presentarse a unha convocatoria internacional de proxectos comunitarios convocada pola Rede Iberoamericana de ONG que traballan en Drogas e Adiccións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará