Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

En pé de igualdade un espectáculo “para escachar coa risa”

en péde igualdade

Arantxa Treus e Marta Doviro propóñennos este show orientado a público adolescente pero tamén a todos aqueles pais e nais ou adultos que teñen preto algunha persoa nesas idades tan complicadas ao tempo que maravillosas. A actividade que terá lugar o domingo ás 18:00 horas está organizada pola Federación de Anpas de Redondela en colaboración co Concello de Redondela. Reserva de praza gratuíta clicando aquí, as entradas restantes estarán dispoñibles no propio auditorio o día do espectáculo a partir das catro da tarde.

Empregando a linguaxe propia dos adolescente s, as dúas cómicas súbense ao escenario do Multiúsos o Piñeiral do Crego para facernos rir pero tamén para facernos reflexionar sobre as ameazas ás que se enfrontan os mozos e mozas. Un espectáculo orientado polo tanto aos adolescentes pero tamén a todos os que o rodean.

Arantxa Treus, monologuista, cómica e actriz

Un espectáculo moi necesario para educar na igualdade e na diversidade, sempre en ton de comedia, que xa pasou por diversos institutos e que está a contar co beneplácito do público.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará