Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Sociedade Labrego cultural de Reboreda denuncia o estado de abandono da súa sede

sociedade

Advirten do perigo para usuarios e veciños ante o grave estado no que se atopa o tellado, con elementos que se poden desprender e pingueiras no interior do edificio que non descartan lles obrigue a pechar o centro cultural e suspender todas as actividades. Responsabilizan desta situación ao Concello “xa que son os responsables do mantemento no que se refire a estrutura do edificio”. Tras un ano de espera anuncian que seguirán “presionando ata que se poña solución a esta problemática”.

O presidente da Sociedade, Javier Sotelo, explica que o edificio é propiedade do Concello que é o responsable do seu mantemento.Con todo, a situación do tellado, en moi mal estado, provoca que se filtre auga e caian as tellas, supoñendo un deterioro das zonas interiores do inmoble. Neste sentido apunta ao risco que corren todos os libros que teñen na biblioteca e que tiveron xa que desmontar un espazo no que colocaran diferentes xogos e elementos para a rapazada.

Con todo, o máis perigoso é o perigo que esta situación supón para os usuarios “moita xente maior que habitualmente fan uso destas instalación e que poden sufrir un esvarón pola acumulación de auga en diferentes puntos do edificio. Tamén o risco que corren as persoas que se desprazan polas inmediacións do edifico ante a existencia de tellas que están soltas.

Denuncia Sotelo que malia ter informado desta situación ao concello hai máis dun ano “atopámonos cun total desinterese por parte do goberno” e insisten en que máis aló de boas palabras precisan de feitos e de que se arranxe o tellado canto antes.

Conclúe afirmando Javier Sotelo que non caso de non arranxarse estes problemas non descartan adoptar outras medidas de precaución “que podería supoñer pechar o Centro Cultural, coa paralización de todas as actividades”.

Critican tamén dende a Sociedade que tan só se preste atención as poboacións máis urbanas como o casco urbano de Redondela ou Chapela “deixando de lado pequenos proxectos que poden mellorar a calidade de vida dos veciños das zonas rurais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará