Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Visitas a San Simón co gallo da conmemoración da Batalla de Rande

rande sábado

As persoas interesadas en facerse un oco nas embarcacións que sábado e domingo percorrerán a Enseada e visitarán a Illa de San Simón xa poden retirar as súas entradas a un prezo de 5 euros tanto na Oficina de Turismo de Redondela como no Museo Meirande. As saídas, o sábado 21 ás 16:00 horas e o domingo 22 ás 17:00 horas, forman parte do programa de actividades co gallo da X conmemoración da batalla de Rande.

Unha programación que arrancaba esta fin de semana cos actos de apertura no casco urbano. Unha xornada na que participaron centos de veciños como espectadores aos que hai que sumar os que o fixeron como concursante nas primeira xincana Busca do Tesouro.

Actividades que serven para dar inicio a unhas celebracións que vivirán na vindeira fin de semana a súa programación principal xa na contorna do Meirande.

Así, a xornada do sábado 21 arrancará coa concentración de embarcacións tradicionais e os obradoiros de alfareiría, escritura antiga, lacrado e acuñación de moeda. A unha do mediodía presentarase a obra “A casa das virtudes” que se repetirá novamente ás 17:00 horas.

A partir das cinco e media terán lugar algunhas das escenas da batalla baixo a dirección de María Torres coa obra “O sono Vermellón. Rande 1702” e a continuación a teatralización do desembarco, a descarga do tesouro e o asalto á fortaleza. Un evento que rematará co afundimento e a representación naval da batalla con pirotecnia.

A música correrá a cargo do grupo “O sonoro maxín” a partir das 21:00 horas. As actividades continuarán o domingo 22 con obradoiros e teatro no mesmo espazo.

Reedítanse tamén as visitas guiadas pola Enseada de San Simón e visita a Illa con saída dende o museo a un prezo de 5 euros. As entradas deben retirarse na Oficina de Turismo ou no propio Museo Meirande, lugar dende o que partirán os barcos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará