Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Pazos demanda ao concello axudas urxentes as traídas de augas veciñais

captacion-augas

Os nacionalistas solicitan ao goberno local que habilite unha liña de axudas urxentes por un importe de 100.000 euros con cargo ao remanente municipal co obxecto de axudar a unhas comunidades que levan anos sen contar co apoio da administración local e que “son fundamientais para garantir o subministro de auga á veciñanza”.

O portavoz do BNG de Pazos, Xurxo Pardo Besadío, explica que tras reunirse coas comunidades de usuarios e usuarias do concello presento esta solicitude ao goberno local. Entende imprescindible esta liña de axudas, despois de anos de abandono e falta de investimento por parte do concello. Unha convocatoria de axudas que serviría para dar solución os problemas de subministro de auga da veciñanza dos últimos meses, que en moitos casos estanse a ver obrigados a facer cortes na subministración debido a escaseza de auga ou as perdas desta na rede de distribución pola antigüidade e mal estado das infraestruturas.

Entre as obras que se financiarían con estas axudas está a mellora nos sistemas de captación de auga, sistemas de almacenamento e potabilización (depósitos, filtración, decantación, etc.) e melloras nas redes de distribución.

O portavoz nacionalista salientou a “labor desinteresada que realizan estes colectivos para contar cun servizo básico e de calidade”, e convocou a unha reunión ás Xuntas Directivas das traídas veciñais de augas do concello para dar a coñecer esta proposta, que esperan que dende o goberno poñan en marcha o antes posible. Un dos principais obxectivos é beneficiar a todas as traídas do concello, en especial aquelas que estean en situación criticas ou con problemas de subministro, priorizando nas bases as obras nas comunidades de usuarios que estean nesta situación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará