Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ribadavia e Allariz, próximos destinos do programa de visitas culturais de Redondela

allariz

O programa, orientado a persoas maiores de 55 anos, abre o prazo para se inscribir nunha nova viaxe que levará aos participantes a coñecer as localidades de Ribadavia e Allariz. As excursións desenvolveranse os día 27 e 30 de outubro e teñen un custe de 19 euros. As persoas interesadas deben inscribirse ante do 11 de outubro nas oficinas de turismo.

 A concellería de Persoas Maiores retoma esta iniciativa tralo éxito das anteriores edicións nas que se chegaron a superar as 600 inscricións. Viaxes como a Ribeira Sacra gozaron do beneplácito das persoas maiores do noso municipio na que, a calidade do xantar e as incribles panorámicas da contorna, animaron ás persoas participantes a seguir demandando máis saídas, abaladas polo reducido prezo xa que o transporte está financiado polo concello.

O obxectivo da iniciativa que se ven desenvolvendo nas últimas semanas é dar a posibilidade ás persoas maiores que poidan socializar e facer actividades ao aire libre a un prezo asumible a vilas de interese cultural, histórico ou patrimonial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará