Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Atropelado un xabaril na zona do Muro

xaba

O animal, que estaba cruzando a estrada N-550, foi alcanzado por un vehículo ao redor das 19:40 horas de onte. Foi un veciño da zona quen avisou á Policía local quen, a súa vez, informou a Conservación de Estradas para que procedera á retirada do animal. A falta de alimento no monte e o incremento no número de exemplares desta especie fai que cada vez sexa máis frecuente atopalos nas estradas, sobre todo a partir de media tarde e de cara a noitiña.

O suceso, que tiña lugar na media tarde deste luns, non é un feito illado. Segundo explican dende a Policía Local é frecuente ver animais –as veces en solitario pero tamén en grupos- cruzando as estradas do concello na procura de alimentos. Adoitan baixar do monte na zona da portela en dirección ao mar pero tamén en Reboreda ou como neste caso no Muro, non é extraordinario que apareza, principalmente a última hora da tarde.

Dende a policía fan un chamamento aos condutores para que extremen as precaucións nesas horas xa que unha colisión contra un destes animais, algúns de gran tamaño, poden  provocar danos importantes ou accidentes.

Neste caso a colisión só tivo consecuencias para o animal atropelado, xa que o condutor non detivo a súa marcha.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará