Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP lamenta o “estado de abandono” do cemiterio de Eidos

cemiterio eidos

Javier Bas afirma que “só un ano despois de acadar a medalla de ouro como cemiterio máis bonito de España, o camposanto atópase nun estado lamentable” e critica a actitude do goberno local con respecto a un dos referentes do turismo na comarca “xa que é un lugar que visitan cada día, tanto turistas como peregrinos e os propios cidadáns de Redondela”.

O voceiro do PP asegura que tras recibir o galardón de “Cemiterio máis bonito de España” un ano despoios “o estado deste espazo é de abandono absoluto”. Bas considerou “completamente inadmisible a actitude do goberno local con respecto a un dos referentes do turismo na comarca” e lembra que este camposanto é visitado cada día tanto por turistas como por veciños e veciñas de Redondela”.

Engadiu que dende o grupo popular vanse levar a cabo accións para que se manteña o cemiterio en condicións adecuadas. “Tras escoitar as críticas dos veciños e visitar in situ o cemiterio, é lamentable que ocorra isto. Non nos merecemos nin imos tolerar que o cemiterio máis bonito de toda España, se atope nesta indigna situación”, reiterou  o popular, que reclamou a súa limpeza e acondicionamento inmediato.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará