Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Grupo Casa Paco 81 busca canteira

CasaPacoMatricula

Coa volta ao colexio regresan tamén as actividades extraescolares dos máis pequenos, e en Redondela o deporte é unha das opcións con máis demanda. O Grupo Casa Paco 81, berce dunha gran canteira de xogadores e xogadoras, comeza a temporada 23/24 e ten aberta a inscrición para que se sumen novos nenos e nenas. Nas diferentes categorías, desde Biberón ata Prebenxamín, poden inscribirse nenos e nenas nados entre os anos 2016 e 2020. Pedro Fernández, coordinador do club, confía en que esta temporada contarán aproximadamente cun cento de fichas, como o ano pasado. Explica que onde teñen máis prazas dispoñibles é nos grupos dos máis pequenos, en Biberón, onde comezan con tan só 2 ou 3 anos. O adestramentos comezarán o 18 de setembro, unha semana despois de que comece o curso escolar. As actividades realízanse nos pavillóns de Reboreda e A Marisma en diferentes días e horarios en función da idade. Os interesados poden informarse e facer a inscrición no teléfono 663 507 292.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará