Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño do Viso por un presunto delito de malos tratos

poli

O home, de 52 anos de idade, foi detido ás sete da tarde deste domingo pola Policía Local logo de que os axentes se desprazaran ata o domicilio alertados por unha chamada da muller quen fora agredida previamente.

Foi a propia muller quen chamou aos servizos de emerxencia solicitando a presenza da policía ante as agresións tanto físicas como verbais que estaba a recibir da súa parella. Unha vez no lugar os axentes procederon a entrevistarse coas partes implicadas e a continuación a patrulla procedeu a detención do varón e ao seu traslado a comisaría da Policía Nacional de Vigo.

A muller relatou que non era a primeira vez que sufría este tipo de agresións e puxo de manifestó o seu desexo de que o home fora desaloxado da vivenda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará