Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xoias do motor reúnense en Redondela para celebrar a IX Xuntanza Moteira

WhatsApp Image 2023-08-25 at 15.31.52

O Campo da Feira en Redondela acolle este sábado, 26 de agosto, un evento especial para os amantes do motor, a IX Xuntanza Moteira Vila dos Viadutos. O Moto Club de Redondela organiza este evento cheo de actividades durante todo o día, no que se poderá gozar de exhibicións, gastronomía e música.

A concentración realizarase no Campo dá Feira a partir das 12.00 horas con sesión vermú e música para ir “quentando motores” e pola tarde, ás 16.00 h, a mascota do club redondelán coñecida como Xaquín achegarase a saudar aos máis cativos e cativas.  Os motoristas sairán de roteiro pola comarca a partir das 17:00 horas para voltar aproximadamente nunha hora ao recinto e gozar de petiscos de balde para todos os asistentes.

A cita tamén contará cunha exhibición a cargo de Jarana e Pajarilleras Dance ás 18:00 horas,  ás 19:00 horas terá lugar o 1º pase da exhibición acrobática  a cargo de Rui Armada, profesional portugués en pleno auxe da súa carreira,  que voltará a dar un segundo pase ás 22:00 horas. A partir das 23.00 horas a agrupación organizadora ofrecerá unha gran mexillonada e á 01.00 horas comezará a sesión Dj a cargo do redondelán Rodri Veigas.

Como o ano pasado, tamén haberá un roteiro nocturno pola Praia de Cesantes e un sorteo no que se repartirán agasallos en dúas quendas distintas. Carlos Figueroa, membro fundador, agradece en nome do Moto Club de Redondela o apoio recibido por parte do comercio local que aportaron para facer o evento posible.

Espérase que participen entre 2.500 e 3.000 persoas de toda a península e ademais das actividades e o roteiro instarán unha exhibición de coches de competición para os que queiran ver de preto “xoias do motor”. En concreto son coches cos que compiten os redondeláns Rubén Blanco e Juan González , xunto ao que estará tamén o propio Lancia Delta do piloto consagrado Tommy Mäkinen.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará