Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas remodela o equipo de goberno trala saída de María Castro e anuncia unha baixada do seu salario

digna

O obxectivo é cadrar os gastos da corporación e do personal eventual para non aumentar a contía dos orzamentos destinados a persoal. Asi o afirma a alcaldesa Digna Rivas que elude as críticas da concelleira María Castro, quen dimitiu onte alegando “discrepancias irreconciliables coa alcaldía”, e argumenta que os motivos polos que a edil deixou o sue posto “foi a incompatiblidade do seu horario laboral coas necesidades deste concello”. Iria Vilaboa ocupará o posto de Castro no goberno.

É imprescindicble que os e as concelleiras teñan un traballo compatible co itinerario do Concello e sobre todo co horario de cara ao público. “Este é un dos motivos polos que María Castro decidiu deixar o seu posto como concelleira. É unha pena que o seu horario laboral sexa incompatible coas necesidades deste concello” así o afirma a alcdaldesa Digna Rivas a través dun comunicado no que zanxa ademais calquera polémica coa xa ex edil “Agradezo o seu traballo estes catro anos. Sempre tiven o seu respaldo e confianza e así o demostrou revalidando a súa candidatura nas listas electorais e apoiando a miña investidura”, afirma Rivas.

Un comunicado no que anuncia tamén a súa decisión de baixarse o salario “entre as propostas que se levan ao pleno de organización do Concello de Redondela, que se celebrará a vindeira semana, está a reestructuración dos salarios da corporación e o persoal eventual. A intención é axustalos para non superar os orzamentos estipulados actualmente. A corporación municipal vai pasar de un membro con exclusividade para o concello a dous e dunha persoa contratada como persoal eventual a tres, entre os que estaría o asesor ao servizo do BNG, tal e como así se asinou no pacto de investidura entre PSOE e Bloque.

A rexedora local engade que “a miña prioridade é que os concelleiros e concelleiras teñan un soldo digno e acorde co seu traballo. O máis importante é que poidan estar a disposición da cidadanía e por iso, aqueles que forman parte da equipa de goberno estarán tódalas mañás no horario de portas abertas para cumprir co seu deber que é servir aos veciños e veciñas de Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará