Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa do Choco recupera as viaxes en barco a San Simón con entradas que están xa a venta

festa choco visitas illa

A Festa do Choco que se celebra do 11 ao 14 de maio inclúe dentro da súa programación as rutas en barco para coñecer a Enseada e a Illa de San Simón. As entradas teñen un prezo de 5 euros e xa se poden reservar na oficina de turismo de Redondela ou no enderezo www.crucerosangel.com

As visitas partirán tanto do porto de Cesantes como dende o pantalán do Museo Meirande. En total, serán 8 viaxes os días 12, 13 e 14. Dende o peirao de Cesantes haberá barco os tres días en horario de tarde, ás 16:00 e as 17:00 horas. Para se embarcar no pantalán do meirande  hai dúas posibilidades, tanto sábado como domingo ás doce do mediodía. O prezo por persoas é de 5 euros. En caso de esgotarse as prazas, a navieira comprométese a ofertar novas visitas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará