Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior propón unha reforma integral da Praza de Abastos de Arcade

praza de abastos

Os nacionalistas propoñen un proxecto en consonancia co que se está a facer en Europa con estes espazos comerciais e que parten dunha reforma que fusione a modernidade e a tradición para transformar un espazo “que está morto a día de hoxe, nun lugar de ocio no que convivan negocios de abastos con outros de hostalaría e restauración”. Neste sentido, entenden que o proxecto de recuperación debe afectar a toda a contorna de Xosé Solla.

O candidato do BNG, Manu Lourenzo sinalou que “ as prazas de abastos son o termómetro da vitalidade dun pobo  e o que di o termómetro neste caso é que Arcade está morto. A praza despois de máis de medio século sendo un lugar dinámico hoxe por hoxe ten a reixa baixada e ese é unha imaxe ben ilustrativa do que está a acontecer co comercio local de Arcade”.

A recuperación da praza pasa por recuperar toda a contorna “para que o centro de Arcade deixe de ser un espazo abandonado, coas beirarrúas desfeitas e cun tráfico caótico”. Xosé Solla e a praza poden e deben converterse, insiste Lourenzo, nunha zona agradable na que haxa amplas zonas de aparcamento, persoas comprando e familias paseando por un espazo urbano atractivo e dinámico. Se non damos ese paso estaremos condenando á veciñanza e aos negocios a vivir nun espazo que cada vez é máis suburbial .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará