Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Angela Méndez presenta en Chapela o seu primeiro libro infantil

angela méndez

A que fora presidenta da Asociación de Veciños de Chapela e actual secretaria do colectivo veciñal, da o salto á literatura infantil co libro “O verme que quería voar” publicado pola editorial Belagua. A presentación terá lugar ás 20:00 horas de hoxe xoves no Multiúsos do Piñeiral  nun acto no que estará presente a propia autora, a ilustradora Noa López Lorenzo, tamén veciña da parroquia, así como a editora Edurne Baines e a alcaldesa Digna Rivas.

Un libro que naceu “polas ganas de aprender da miña neta, que pedía continuamente que lle contara historias e llas repetira, para non esquecelas decidín poñelas por escrito”.

Historias inventadas que neste caso fala dun verme que soña con voar e lle pregunta a unha bolboreta como facelo. Unha historia que quere amosar a capacidade de cada un de nós para lograr o que nos propoñemos.

Malia que é o seu primeiro libro, Méndez leva anos escribindo pero non sería ata a chegada da súa neta cando decidiu xa dar un salto: rexistrar os seus escritos e envialos ás editoriais para comprobar se espertaban interese. A editorial Belagua púxose en contacto con ela inmediatamente e logo chegou a elección da ilustradora, Noa López, tamén veciña de Chapela “a colaboración entre as dúas foi tan satisfactoria que xa estamos traballando nas ilustracións de posibles futuras publicacións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará