Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER inicia a recollida de sinaturas para presentarse por cuarta vez ás eleccións municipais

aer sinaturas

A Agrupación de Electores de Redondela inicia hoxe mércores a partir das 18.00 horas, a súa tradicional recollida de sinaturas nos soportais da Casa do Concello. Ao non ser un partido político, a agrupación precisa de 500 sinaturas para presentarse aos comicios do 28 de maio.

Os concelleiros de AER chegaron a formar parte do goberno neste mandato municipal, ata a ruptura do bipartito a finais de 2021, facendo desde entón unha oposición que cualifican de “construtiva e continuista nos seus obxectivos coa veciñanza de Redondela no eido social, medio ambiental, cultural e patrimonial”. No caso de acadar as sinaturas precisas, este sería a cuarta ocasión que AER se presente ás eleccións locais “consolidando un proxecto por e para a veciñanza”.

Destacan dende a formación que “somos distintos e distintas na nosa forma de traballar, decidir e actuar respecto aos partidos de corte tradicional, tanto é así que ata para comezar o proceso pre-electoral, tamén somos diferentes”. Nos vindeiros días irán informando de futuros emprazamentos de Redondela nos que recollerán as sinaturas necesarias de veciñas e veciños empadroados en Redondela e maiores de 18 anos, ata o vindeiro 19 de abril.

En paralelo, AER abre tamén un proceso de consulta para todos os interesados que queiran sumarse ao proxecto e formar parte da lista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará