Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo non logra puntuar en Asturias

balonman

Foto: Patri Rivas

O equipo que milita na División de Honra prata Feminina caía ante o Balonmano Gijón por 31-29. Un partido moi igualado con alternancia no marcador na primeira parte do encontro que chegaba ao descanso cun axustado 14-13 a favor das anfitrioas. Na reanudación as locais incrementaron a vantaxe e malia os intentos da SAR de lograr unha remontada o partido remataba cun 31-29 a favor das asturianas. Na próxima semana as mozas da SAR teñen unha nova xornada fora da casa, desprázanse ao campo do Camargo, tres postos por debaixo das choqueiras.

A SAR Plastic Omnium na primeira nacional estreou o ano con vitoria nun partido disputado na bomboneira co Calvo Xiria, rival directo tamén necesitado de puntos. Unha vitoria que malia todo non lle permite a SAR abandonar o último posto da clasificación.

Partido intenso e igualado de principio a fin, con boas defensas na primeira parte que deixaban un resultado de 12-10 cando se chegaba ao descanso. Na segunda metade mantívose o xogo intenso ata o asubío final co definitivo 27-25. A vindeira semana cita complicada, a SAR desprázase a Vigo para xogar co cuarto clasificado, o AD Carballal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará