Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo de inscrición para o desfile de Comparsas de Redondela e o Enterro do Berete

entroido redondlea

O desfile de comparsas celebrarase o domingo 19 de febreiro e as formacións que queiran participar deben inscribirse antes do día 10. En Chapela o tradicional Enterro do Berete terá lugar o sábado 25. Nese caso a inscrición permanecerá aberta ata o día 15 do vindeiro mes.

Para o Desfile de Comparsas e disfraces de Redondela, o Concello destinará un total de 10.500 euros distribuídos tanto en premios coma en axudas ás comparsas que participen nos desfiles. Así, no apartado de axudas, destinará 300 euros ás comparsas que teñan entre 26 e 55 compoñentes; 400 euros aos que conten entre 56 e 80 compoñentes e 500 euros ás formacións que conten con máis de 80 compoñentes.

As categorías nas que se pode participar nos desfiles serán as de Comparsa –agrupación de máscaras nun número superior a 25 persoas–, Mocidade –comparsa que teña o maior número de mozos e mozas menores de idade á data da actuación–, Retranca –comparsa que mellor exprese con segundas intencións e humor a actualidade dentro dun marco de respecto e educación–, Inclusión e diversidade –comparsa con maior número de participantes que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %–, Grupo –agrupación de máscaras nun número de entre 3 a 25 persoas–, Parella –dúas máscaras– e Individual.

O xurado outorgará un primeiro de 900 euros, un segundo premio de 600 euros e un terceiro de 300 euros. Amais os premios á mocidade, á retranca é a inclusión e diversidade de cada comparsa terán un premio de 500 euros cada un.

O xurado tamén outorgará premios aos grupos –200 euros para o 1º e 150 € para o 2º–, premios de parellas –100 € ao 1º e 80 € ao 2º– e, finalmente, premios individuais dotados con 80 € para o 1º e 50 € para o segundo.

Para poder optar aos premios é imprescindible que as comparsas acompañen o Entroido nos actos programados para o domingo 19 de febreiro e que comezará coa concentración das comparsas ás 17:00 horas no Campo da Feira. Sendo ás 18:00 horas o inicio do desfile. O Concurso de grupos, parellas e individual desenvólvese na tarde do martes día 21 de febreiro, a partir das 17:00 horas. Todos os que desexen participar nesta fase do concurso realizarán a súa inscrición o mesmo día a partir das 16:00 horas, no posto instalado nos soportais do Concello.

Chapela

No que ao Enterro do Berete se refire, o Concello destina un orzamento de 3000 euros que se distribuirán en 400 euros para as comparsas con máis de 80 compoñentes e que leven carroza; 300 euros para as comparsas que conten entre 56 e 80 compoñentes e con carroza de acompañamento; 200 euros para as que teñan entre 26 e 55 compoñentes e leven unha carroza e, finalmente, 100 euros para as comparsas con máis de 25 compoñentes sen carroza.

Para poder optar aos premios é imprescindible que as comparsas acompañen a comitiva do Enterro do Berete nos actos programados para o sábado 25 de febreiro de 2023 e que comeza coa concentración das comparsas ás 17:00 horas no lugar coñecido como “Alto da Encarnación” en Chapela, sendo ás 18:00 horas o inicio do desfile.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará