Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O SD Pazos segue a sumar vitorias

Pazos.Barreiros

Os xogadores do Pazos celebran a goleada ante o Praias de Barreiro

Peor sorte para o Redondela Maramar, que perdeu no pavillón da Marisma ante o Stellae

Fútbol Sala Terceira División

Redondela Maramar FS 0-4 Stellae FS Padrón

Os redondeláns non puideron brindarlle unha vitoria á súa afeción, que unha vez máis ateigaba as gradas do pavillón da Marisma. Perderon ante un gran Stellae, que se atopa entre os tres mellores equipos da categoría, empatado a puntos co Pazos. O resultado déixaos na 13ª posición da táboa, e van ter difícil mellorar esta situación na próxima xornada, xa que visitan a pista do indiscutible líder, o Xove.

Praias de Barreiro 1-8 SD Pazos de Borbén

Os de Amoedo non fallaron na súa visita a Barreiros, pista na que gañaron por primeira vez. Continúan así na parte alta da táboa como 2º equipo do grupo. E fano logo dunha contundente goleada na que ata 7 xogadores do equipo marcaron: Mario Paz (2) , Romão, Sergio, Luis, Costas, Mariete e Diego. Esta semana recibirán ao Santa Isabel Outeiro de Reí, será o sábado ás 19.00 horas no municipal de Pazos .

Preferente

Campito 1-12 Valladares

Os de Chapela colleitaron unha dura derrota ante o conxunto vigués, un dos equipos da parte alta da táboa. O conxunto redondelán segue así na parte baida da táboa, como 12º, e na próxima xornada podería recortar distancias co FS As Neves, que ocupa a 9ª praza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará