Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O teatro afeccionado suma adeptos en Chapela

multiúsos chapeal

A comedia Tapersex é a proposta que a Asociación Cultural de Chapela ten preparada para este sábado ás 20:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego con entrada de balde ás 20:00 horas. Unha actividade enmarcada dentro do ciclo de teatro afeccionado que organiza esta asociación e que busca encher de teatro o auditorio da parroquia.

IX edición do ciclo de teatro afeccionado nacía con dous obxectivos principais: dar aos veciños da parroquia a oportunidade de achegarse ao teatro preto da súa casa e, ao tempo, ofrecer tamén a estes grupos de teatro un escenario onde amosar o seu traballo que supón moitas horas de esforzo e dedicación.

Un ciclo que arrancaba a semana pasado co grupo Ilusionistas e que este sábado nos convida a unha sesión de “Tapersex” a cargo da formación Expresión teatro. Unha divertida comedia onde catro mulleres reúnense para pasar a tarde nunha xuntanza de exhibición de xoguetes eróticos. Unha reunión na que irán saíndo sorpresas que non as deixarán indiferentes. O programa inclúe tamén outras dúas comedias: “Os impresentables” de Atlántida de Matamá o sábado 28 e pecharán o ciclo as obras “A clase particular” e “O pazo da Duquesa” do grupo Fonte da Tella quen se subirá ao escenario o día 4 de febreiro. Todas as actuacións son de balde ás 20:00 horas.

Fernando Casas, da Asociación cultural de Chapela confía en encher o auditorio porque este ciclo naceu precisamente co obxecto de dar á veciñanza a oportunidade de gozar do teatro na propia parroquia.

O ciclo conta co apoio do Concello e a Deputación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará