Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Pazos demanda un segundo médico e pediatra para o centro de saúde

bng pazos

A deputada nacionalista Carmela González xunto co candidato á alcaldía Xurxo Pardo Besadío e membros da candidatura realizaron unha visita o centro de saúde de Pazos para coñecer de primeira man as necesidades e carencias do centro de saúde. Tras reunirse co persoal do centro o BNG constatou a falta de medios e o total abandono que sofre a atención primaria no concello.

Por este motivo veñen de solicitar ao goberno galego un segundo médico e o reforzo do servizo de enfermería e pediatría para o centro de saúde a través das emendas os orzamentos da Xunta para o ano 2023. Proposta que foi denegada polo Partido popular de Andrés Iglesias.

O candidato á alcaldía Xurxo Pardo afirma que “non se pode apostar polo rural cando non existen uns servizos básicos e de calidade como é a atención primaria” pola súa parte a deputada Carmela Gonzalez afirma que” o desmantelamento da atención primaria responde a unha estratexia do Partido Popular para rematar ca sanidade pública”.

Dende a formación Nacionalista animan á cidadanía a a apoiar a vindeira mobilización do 12 de febreiro organizada por SOS Sanidade Pública a prol dunha sanidade pública galega e de calidade en protesta polo desmantelamento sistematizado que deste servizo está a facer o partido Popular.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará