Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fran Amoedo: “O Pazos FS busca o pase a cuartos da Copa Galicia”

PazosCopaGalicia

O adestrador do Pazos, Fran Amoedo, no centro da imaxe de vermello co seu equipo

A cita será mañá no municipal de Pazos ante o IES Coruxo, todo un Segunda B. Amoedo confía nas opcións do seu equipo para pasar a cuartos co apoio da súa afección.

Logo dunha gran vitoria ante o Beade que os coloca segundos na táboa de Terceira, o Pazos non dispón de moito tempo para as celebracións. Mañá mércores celebran o segundo dos tres partidos que disputan en sete días, e será coa terceira ronda da Copa Galicia de Fútbol Sala. Os de Fran Amoedo reciben a visita de todo un Segunda B como o IES Coruxo, un equipo “moi intenso e coas ideas moi claras”. O míster augura “un partido moi disputado e táctico no que o Pazos terá as súas opcións”. Advirte que pelexarán por facerse un oco entre os oito mellores de Galicia.

Fran Amoedo, adestrador do SD Pazos de Borbén FS

Para asumir este gran reto contará co apoio de toda a súa afección, que de seguro deixará unha gran afluencia no pavillón municipal de Pazos. A ilusión dos seareiros xa se está a notar esta semana nos adestramentos, aos que acoden os xogadores da base para animar ao primeiro equipo e mesmo pedirlle autógrafos.

Os afeccionados estarán apoiando ao equipo desde as gradas

O partido será ás 18.30 horas, e desde o club recomendan ao público chegar con antelación para evitar colas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará