Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía local recupera dúas motos roubadas

policía moto

Imaxe: Policía Local de Redondela

En menos de 15 días foron localizados en Redondela dous ciclomotores que lles foran substraídos aos seus propietarios nas últimas semanas. Esta fin de semana un destes vehículos foi localizado nun monte do Viso con numerosos danos. O pasado 29 de setembro fora localizada outra moto logo da detención por parte da Policía Local do mozo que o conducía tras cometer varios delitos.

O ciclomotor marca Yamaha foi localizado por un veciño nunha zona do monte do Viso, nas proximidades ao campo de fútbol. O vehículo, ao que lle subtraeron varias pezas, fora roubado recentemente e xa foi identificado o seu propietario.

Esta é a segunda moto roubada que se recupera en Redondela. O anterior caso producírase a finais de setembro cando era detido en Chapela un mozo de 19 anos. Tras darlle o alto para que detivera o vehículo cando circulaba pola Avenida de Redondela, o mozo decidiu fuxir iniciándose unha persecución que remataría cando os axentes lograron darlle alcance.

Unha vez interceptado, comprobouse que o mozo non obtivera nunca ningún permiso para conducir. Feitas ademais as pertinentes xestións tras comprobar o número de bastidor do vehículo constatouse que o mesmo figuraba como subtraído. Finalmente tamén acabaría investigado por falsidade documental, dado que a matrícula que portaba tampouco pertencía ao ciclomotor co cal circulaba.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará