Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Táboas entre o Rodavigo e o Camargo

SarEmpate

Foto: Patry Rivas

A igualdade dos dous equipos na clasificación e na pista deixaron un empate na bomboneira

División Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 23 – 23 Camargo

Os dous equipos chegaban a este encontro da cuarta xornada empatados a puntos na táboa. O encontro, marcado pola igualdade, acabou con empate e o reparto de puntos entre os dous equipos, que se manteñen na parte alta da clasificación. Na próxima xornada as de Vero Boquete repiten como locais para disputar un encontro de rivalidade comarcal, reciben na Bomboneira ao BM Porriño, ao que adiantan nun punto máis.

Primera Nacional Masculina

SAR Plastic Omnium 18 – 25 Automanía Luceros

O equipo redondelán non puido coa superioridade dos do Morrazo, situados na parte alta da táboa. A SAR aínda non foi quen de puntuar nas catros xornadas disputadas neste inicio da competición. A seguinte oportunidade para facelo será na pista do Teucro, moi necesitado tamén de puntos xa que acompaña á SAR no pozo da táboa co casilleiro tamén a 0.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará