Hoxe é Luns 13 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O SD Pazos presenta a súa candidatura

PazosEquipo

Unha contundente goleada sobre o Beade serviulle aos de Fran Amoedo para situarse segundos na táboa.

Fútbol

No fútbol de Terceira non houbo competición, pola celebración da Copa de Rexións UEFA na que Galicia gañou a Suiza . Xogará o pase aos cuartos de final ante Hungría o vindeiro mércores

Contra Suiza fixo unha boa primeira parte e sufriu na segunda metade. Os primeiros 45 minutos acabaron con triunfo galego, cos goles de Félix Rial e Álex Rey.

O Choco volve á competición esta fin de semana no campo do Alondras.

Primeira Galicia

A Lama 0-0 Arcade

Empate sen goles no partido do Arcade. Os de Soutomaior, en 5ª posición, reciben o vindeiro domingo ao Caldelas, da metade baixa da táboa.

Segunda Galicia

Cesantes 2-3 Monteporreiro

O Cesantes segue sen puntuar neste comezo da competición logo de 4 xornadas. O domingo xogará no Monte da Vila ante o Grove, rival que aínda non estreou tampouco o seu casilleiro.

Soutomaior 4-1 Vilaboa

O Soutomaior segue na cabeza da táboa logo do triunfo ante o Vilaboa. Na próxima xornada visitan o campo do Combarro.

Fútbol sala

Terceira División

Vigo 2015 4-3 Redondela Maramar

Partido moi disputado o que se xogou en Coia e que finalmente caeu de lado dos locais, o que deixao aos de Redondel na parte baixa da táboa.

Pazos 7-2 Beade

Os de Fran Amoedo xa son segundos na táboa, aínda que lles custou entrar no partido. Na segunda parte intentouno o Beade, pero o Pazos foi quen de manexar  o encontro para imponerse cun cómodo 7-2 . Os goleadores foron Simón (2) , Mario Paz (2) , Martín, Mariete e Luis . Para a semana dispútase en Redondela FS o primeiro dos derbi da temporada , pero antes recibirán xa o mércores ao IES Coruxo de Segunda B nos oitavos de final de Copa Galicia .

Preferente

Campito 9-1 Abetos

Gran vitoria para o Campito que superou ao Abetos por goleada. Importantes os 3 puntos pero sobre todo a inxección de moral para uns xogadores que precisaban dun triunfo así para recuperar o optimismo. Na próxima xornada desprázanse a terras ourensás para medirse ao Consorcio Os Peares, un dos equipos que lidera a táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará