Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina pon en marcha a campaña solidaria de recollida de fondos “Camiñando Xuntos”

andaina

A asociación Andaina inicia unha campaña de recadación de fondos co obxectivo de consolidar o seu proxecto de formación prelaboral e centro ocupacional. Os cartos obtidos investiranse na reposición da maquinaria subtraída nun roubo as súas instalación o pasado mes de xuño, a instalación dunha cociña para proporcionar un servizo de comedor aos seus usuarios e o pago do servizo de transporte cunha furgoneta adaptada. As persoas que queiran colaborar poden facelo na súa páxina web.

Esta asociación, fundada hai 25 anos co obxecto de traballar con nenos e nenas con diversidade funcional, traballa actualmente na creación dun centro ocupacional e de formación, que dea resposta a demanda existente en Redondela, xa que non existe no concello ningún servizo que atenda estas necesidades.

Esta iniciativa solidaria naceu logo de que no pasado mes de Xuño, a asociación sufrira un roubo nas súas instalacións de Trasmañó, no que lle foi subtraída ferramenta e maquinaria que os alumnos utilizaban no programa de horta e mantemento de zonas verdes o que supuxo un gran revés para o inicio do novo curso.

Ademais, este ano púxose en marcha un novo programa formativo de cociña e servizo de comedor, para o que a asociación está acondicionando un espazo para a instalación da cociña.

Outra das novidades é o servizo de transporte os seus alumnos, grazas a adquisición dun vehículo adaptado, no que a Xunta de Galicia subvenciona aproximadamente o 40% e o resto o sufraga a asociación con fondos propios.

A campaña ten por obxectivo tres liñas de financiamento: a reposición da maquinaria sustraída, instalación da cociña e o pago da furgoneta adaptada.

Diversas entidades locais e clubes deportivos xa amosaron o seu apoio e o longo deste mes, levaran a cabo diferentes iniciativas en favor desta causa. A iniciativa “Pegadas con alma”, que xa ten colaborado en Redondela con outras causas solidarias, sumase a esta iniciativa cun evento solidario programado para o día 3 de decembro, coincidindo co día internacional das persoas con discapacidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará