Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A rapazada descobre os segredos da pesca na Enseada de San Simón

DSC_0395

O Club Deportivo Salitre e a Asociación Amarturmar, ofreceron a cincuenta nenos e nenas a posibilidade de descubrir os segredos da pesca na Enseada de San Simón cun taller de artes de pesca, manualidades con cunchas e marisqueo a pé.

O Hostal Antolín foi o lugar de encontro e reunión para este taller no que puideron coñecer que e como se captura no mar de Redondela, con réplicas en miniatura das artes empregadas polos mariñeiros. Ademais, traballaron a imaxinación creando bixutaría con cunchas e, como broche final, aproveitaron unha tregua da borrasca para baixar á Praia de Cesantes e divertirse coa actividade de marisqueo a pé.

O club de deportes náuticos e a asociación de mariscadoras e mariñeiros coinciden no éxito da actividade e a necesidade de apostar polas colaboracións como medio para dinamizar, promover o lecer saudable e defender o patrimonio redondelán e as profesións do mar.

O taller, de dúas horas de duración, forma parte do proxecto “Iniciativas Sustentables de Lecer e Culturais na Enseada de San Simón” que Salitre está a levar a cabo desde principios de verán e no que, ademais de achegar o deporte náutico de maneira gratuíta a todo o mundo, ponse en valor o patrimonio cultural e etnográfico da zona con talleres de reciclaxe e arte con residuos do mar, rutas á Illa de San Simón ou  o taller de cultura mariñeira que ofreceron conxuntamente coa Asociación Amarturmar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará