Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e cine nun espectáculo a cargo da Banda Artística de Arcade

banda artistica de arcade

Roberto iglesias Rey é o director desta formación musical na que un total de 45 músicos comparten espazo e inquedanzas. Con tan só catro meses ao fronte da Banda asegura sentirse moi cómoco “estamos nun proceso de adaptación pero todo vai por moi bo camino”. De feito veñen de participar no Festival de bandas de música “Carlos Abal Movilla” celebrado en Soutomaior e este mesmo venres ás 21:30 horas organizan “Unha noite de cine” en Talo Río.

Baixo a batuta de Iglesias Rey atopamos un grupo moi heteroxéneo no que hai xente moi nova que aínda está iniciando os seus estudos musicais ata profesionais con anos de experiencia. Unha banda popular na que non faltan gañas e que este venres amosarán o seu bo facer cun repertorio diferente baseado en bandas sonoras de películas. “Cadrar as imaxes coa música é o máis complicado” explica Roberto Iglesias, quen confía na boa aceptación que esta proposta vai ter entre o público.

Bandas sonoras moi recoñecibles que van dende clásicos como Cinema Paradiso ou Ben Hur ata películas máis actuais como Avatar ou cine infantil da factoría Disney como Frozen. Un concerto que busca tamén atraer a público que non adoita ir a concertos de Bandas de Música e que se atoparán aquí cun repertorio diferente.

O concerto terá lugar este venres na Alameda de Talo Río, no casode que o tempo non acompañe a actuación desprazarase ao Multiúsos de Arcade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará