Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase á agricultura ecolóxica

pousadouro horta

A horta de Pousadouro é o punto de encontro no que se reúnen veciños e veciñas para coñecer como funciona o cultivo ecolóxico. Unha iniciativa da Concellería de Turismo impartida por educadores medioambientales de Alecrín na que pode participar calquera persoa que o desexe con tan só achegarse os xoves de setembro a Pousadouro en horario de seis a 19:30.

Ana Vázquez, unah das monitoras da actividade salienta o variado perfil das persoas participantes “de todas as idades e con experiencia moi variada no que é o cultivo da terra” o que fai que se axuden entre eles e se cren sinerxias moi beneficiosas para o grupo.

Ana Vázquez, xerente de Alecrín

Unha iniciativa que arrancou en agosto co obxectivo de poñer en valor a horta ecolóxica de Pousadouro, continuar co traballo alí feito polos alumnos do obradoiro e abrir este espazo á cidadanía ao tempo que inicialos no cultivo de produtos sostibles e ecolóxicos.

Os participantes traballan sobre o terreo na recollida dos produtos e no tratamento e coidado da horta, e incluso levan para casa produtos alí cultivados, unha produción onde atopamos froitas e verduras moi variadas

A hosta de Pousadouro produce froitas e hortalizas variadas

O interesa amosado polos participantes levou tamén a atender as súas peticións “as veces demandan explicacións sobre insecticidas ou herbicidas naturais, o rego, como atraer polinizadores, diferentes temáticas que se van abordando en cada unha das clases…”

Para participar nesta actividade non se precisa inscrición previa. As persoas interesadas o único que teñen que facer é presentarse na finca do Pousadouro á hora de inicio da actividade, os xoves de setembro ás 18:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará