Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Grupo Casa Paco 81, berce do fútbol redondelán

Manolo Conde

Logo dunha exitosa temporada do fútbol de do fútbol sala redondelán, o Grupo Casa Paco 81 pechou un acordo a tres bandas con C.D. Choco e Redondela F.S. Ámbalas entidades comprométense a ceder en exclusiva a formación das rapazas e rapaces de categorías Prebenxamín e Biberón ao Casa Paco, ao tempo que o club que preside Manuel Conde non fará equipos de categorías Benxamín, Alevín ou superior. Deste xeito evitan duplicidades nas categorías inferiores de fútbol e fútbol sala na vila.

Manuel Conde é o presidente do Grupo Casa Paco 81

Este ano o Grupo Casa Paco estrea equipo Prebenxamín de Fútbol 8 con rapaces que compatibilizarán esa modalidade có fútbol sala. Ese equipo será coñecido nas redes como Grupo Casa Paco 81 Choco. Ademáis o C.D. Choco nas redes denominará ós seus equipos de categoría Benxamín co nome de Choco CP81. O Redondela F.S. competirá nesa mesma categoría Benxamín co nome de Redondela Casa Paco 81 co compromiso de darlle continuidade ó traballo a nivel deportivo, conservando aos adestradores de Casa Paco que así o desexen. Manolo Conde explica que esta temporada contarán de novo con máis de 100 nenos e nenas a partir dos 2 anos de idade.

O club contará esta temporada con máis de 100 nenos e nenas a partir dos 2 anos de idade

O Grupo Casa Paco é un dos grandes referentes do fútbol base de Galicia, e o seu lema “Deporte, conivencia e amizade” é a filosofía coa que traballan. De feito o club non se limita a formar aos nenos e nenas no deporte, senón que participan tamén como unha gran familia na vida social de Redondela. Casa Paco non falta ás citas tradicionais como as Festas da Coca ou os Maios, nin a eventos culturais como os Títeres ou o Artelixo, ademais de organizar campañas solidarias.

O Casa Paco participa activamente na vida social de Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará