Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras de mellora no saneamento obrigan a pechar a entrada ao casco urbano dende a Avenida Santa Mariña

foto peche redondela

A entrada por Santa Mariña permanecerá pechada 15 días. Foto: Policía Local

Aproveitando ás obras de mellora e humanización que se están a realizar nesta vía, o Concello procederá estes días a renovar a rede de subministro de auga potable para optimizar o servizo que presta á cidadanía. Unha actuación que obriga a pechar a entrada dende a Avenida de Santa Mariña (dirección ao bar Rivas) mentres duren os traballos, que contan cun prazo estimado de 15 días.

O Concello de Redondela pechaba este luns esta vía de acceso ao casco urbano co obxecto de proceder á substitución das canalizacións tanto de saneamento de pluviais e fecais coma de abastecemento de auga potable, redes que contan con preto de 50 anos de antigüidade, aproveitando ás obras de humanización da citada vía.

Mentres duren os traballos, cun prazo estimado de 15 días, os autobuses de liña regular de Autos González e Monbus que circulen en dirección Pontevedra-Redondela-Vigo, recollerán os pasaxeiros nas paradas habituais situadas no semáforo da Avenida Santa Mariña (xusto antes das obras) e a carón do antigo cuartel da Garda Civil na estrada N-550.

En canto aos autobuses escolares que comezarán a circular o vindeiro día 08 de setembro, deberán facelo entrando todos pola Praza de Ponteareas.

A alcaldesa Digna Rivas agradeceu de antemán a comprensión da veciñanza “polas incomodidades que producen este tipo de actuacións pero que, unha vez rematadas as obras, melloran substancialmente a calidade de vida da veciñanza” e destacou a importancia dos traballos de substitución da rede de subministro de auga potable “xa que en tempos de seca como os que estamos a vivir, un concello non pode permitirse o luxo de ter canalizacións que, pola súa antigüidade, teñen perdas de auga e diminúen a súa eficacia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará