Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova imaxe para o antigo apeadeiro de Chapela

mural chapela

O grupo de participación xuvenil e adolescente “Axentes do cambio”, baixo a dirección da artista plástica redondelá Paula Amoedo, realizou un traballo no que deixan clara a aposta da mocidade pola igualdade é a diversidade

A zona do antigo apeadeiro de Chapela, que marca o final da Vía Verde de Redondela, vai tomando forma e adecuando a súa estética á contorna. Das dúas edificacións existentes no antigo apeadeiro, o grupo de participación xuvenil e adolescente Axentes do cambio encargouse de recuperar unha das paredes da máis pequena e o fixeron cun proxecto propio, Amor é amor no que deixan patente a necesidade de apostar pola igualdade e diversidade como elementos para acadar unha sociedade máis xusta.

O tema do traballo foi proposto polos propios rapaces e rapazas nas reunións que manteñen dentro do Consello da Infancia e a Adolescencia de Redondela o que, para a alcaldesa Digna Rivas, “amosa o alto grao de implicación da mocidade “na loita pola igualdade e a diversidade ao mesmo tempo que amosan un rexeitamento rotundo a calquera tipo de manifestación ou actuación discriminatoria”. Pola súa banda, Paula Amoedo, decorará as paredes restantes “cun traballo que nos sorprenderá e no que a artista plasma a súa sinal de identidade”.

“Temos unha infancia e mocidade, comprometida e traballadora”, afirma Digna Rivas “que só esperaba que alguén lles dera unha oportunidade para demostralo”. De feito, dende a súa chegada ao Concello, o Goberno que preside Digna Rivas apostou por que o Consello da Infancia e a Adolescencia un órgano operativo e efectivo que servira como elemento de comunicación entre a mocidade e o Goberno local. “Pasou de ser un ‘elemento decorativo’ e anecdótico, a ser un elemento dinámico na vida de Redondela no que as mozas e mozos propoñen ideas, as trasladan ao Concello para a súa realización”.

Edificio do apeadoiro en Chapela. Fon Conde
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará