Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior demanda á Xunta melloras no seu instituto

ies soutomaior

O Concello de Soutomaior celebrou onte un pleno extraordinario monográfico sobre a situación do instituto, convocado despois de que o solicitase o grupo municipal do BNG. Na sesión o Bloque expuxo que o centro afronta un novo curso “cunha situación moi complicada debido ás carencias das instalacións e ás necesidades de persoal”. A negativa por parte da Xunta de atender estas peticións motivou hai xa semanas que a dirección do IES enviase unha carta de renuncia á Xefatura Territorial ante a precaria situación na que se atopa o instituto. O portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, explicou que “o alumnado ten as mesas pegadas ao encerado en aulas diminutas para trinta rapaces, os días de choiva non hai espazos cubertos e hai que eliminar aulas de informática para poder meter alumnos”. Esta situación “dificulta que se poidan ofertar grupos de diversificación curricular ou FP básica, que son imprescindibles para o alumnado que máis o precisa”, sinala Lourenzo, quen lamenta que estas carencias se dean nun  instituto “de recente construción”.

A corporación de Soutomaior apoiou a moción do BNG de xeito unánime para esixir á Xunta as melloras necesarias no instituto. A iniciativa do grupo nacionalista pedía tamén a dimisión do Xefe Territorial “porque é o responsable de que a nosa mocidade se atope nesta situación”, advirte Lourenzo. Con todo, o BNG propuxo separar a iniciativa en dous puntos, para acadar un acordo unánime no que se demanda á Xunta as mellores necesarias. Entre as necesidades do IES de Soutomaior está a construción dun novo pavillón que permita facer aulas no actual ximnasio. É a solución que demanda a dirección do centro e a que apoia tamén a corporación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará