Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fútbol sala da comarca vive un gran momento

pazos fs

O Pazos acadou o ascenso ao rematar invictos como campións da liga

O ascenso a categoría nacional do Redondela FS e o Pazos SD, xunto con Arealonga e Campito en Preferente, converten á nosa bisbarra en todo un referente do fútbol sala en Galicia. Fran Amoedo, adestrador do Pazos, sinala que é unha moi boa nova para este deporte, que non deixa de medrar. O fútbol sala, que conta con moita tradición en Redondela e comarca, está nun momento espléndido e Amoedo augúralle moito futuro.

Fran Amoedo, adestrador do SD Pazos

En canto ao SD Pazos, que recupera a categoría logo do ascenso acadado a pasada campaña, manteñen ao groso do equipo con seis novas incorporacións, ademais de continuar o mesmo equipo técnico.

O equipo de Pazos mantén o bloque que conseguiu o ascenso e refórzase con seis xogadores

O técnico evita fixar obxectivos polo de agora, pero de seguro pelexarán por estar no máis alto logo dos éxitos acadados nas pasadas temporadas, con varios campionatos de liga e Copas de Galicia.

Amoedo non se marca obxectivos pero pelexarán por estar o máis arriba posible

Para os afeccionados a este deporte será todo un luxo poder presenciar os derbis de Terceira entre o Redondela FS e o SD Pazos, ademais dos encontros entre o Campito e o Arealonga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará