Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actuación de Milladoiro en Arcade nunha fin de semana na que Soutomaior recupera as súas festas patronais

milladorio

O Concello de Soutomaior recupera este fin de semana varias das súas celebracións populares despois da pandemia, o sábado a do patrón local, San Salvador, e o domingo a tradicional procesión en honra de San Caetano no Castelo de Soutomaior. A programación cultural comeza este venres co concerto do grupo Milladoiro a partir das 22:30 horas no Peirao de Arcade.

Despois de dous anos de suspensión pola pandemia, o sábado os veciños de Soutomaior poderán volver render homenaxe ao seu patrón San Salvador. Así, a celebración comezará a partir das 20:00h coa misa e a procesión até a igrexa parroquial. Unha vez finalizado o rito relixioso, a Banda Artística de Arcade ofrecerá un pequeno concerto baseado en pezas da tradición musical galega.

O domingo a actividade cultural comeza ás 10 da mañá cun dos clásicos da programación estival de Soutomaior, a concentración de SEAT 600. Un encontro que tradicionalmente atrae a Arcade a centenares de visitantes e amantes dos coches clásicos. A partir das 12:00 horas celebrarase a misa na Capela do Castelo de Soutomaior e a procesión en honra a San Caetano. A celebración contará con animación musical tradicional e un pulpeiro.A partir das 22:00 horas, a música continuará no Campo de San Benito, no barrio de Romariz, coa actuación de Xingros Big Band.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará