Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco empata ante o R. Castrelos no primeiro amigable da pretemporada

ChocoCastrelos

Rubén Domínguez, última fichaxe do Choco, xogou os seus primeiros minutos no partido de onte

Primeiro amigable da pretemporada para o equipo redondelán, que remata cun empate a 1 gol. A falta dun mes para que comece o campionato de liga o Choco recibiu en Santa Mariña ao Castrelos, equipo que acaba de ascender á categoría Preferente. No partido participou o novo reforzo choqueiro, o atacante Rubén Dominguez. O xogador procede do equipo xuvenil do Coruxo FC . Rubén, que se incorporou este pasado luns á disciplina de Juan Amoedo, amósase “moi contento por estar aquí”. Coñecedor da dificultade da categoría, na que xogará por primeira vez, e tamén é consciente da dificultade de entrar no cadro do míster “porque hai moita competencia”. Con todo, vai a intentar gañar un posto no equipo “facendo as cousa como sei, metendo goles e pelexando cada adestramento” sinala o xogador.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará