Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redución de baldeos e regos para loitar contra a seca

baldeo

Medio Ambiente adoptou xa algunhas medidas de aforro ante o tempo seco das últimas semanas. Medidas como a redución no rego de xardíns ou a supresión dos baldeos nas rúas. En todo caso traslada unha mensaxe de tranquilidade “o Encoro de Eiras atópase a un 90% da súa capacidade, polo que polo de agora non hai risco no abastecemento”.

O encoro de Eiras, de onde se abastece Redondela, atópase un chisquiño máis baleiros respecto a estas datas de anos anteriores. Así, actualmente está a un 90% da súa capacidade, cando no inicio de agosto do pasado ano atopábase nun 95%, e a media dos últimos anos situaríase nun 93%. En todo caso, a situación non é tan preocupante como a que se están a vivir nos municipios que se abastecen do río Lerez e que xa implementaron medidas de aforro de consumo de auga ao atoparse  en pre-alerta por escaseza.

Con todo, dende o goberno local decidiron xa poñer en marcha algunhas  medidas preventivas como por exemplo, explica o Concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, suprimir baldeos que a día de hoxe tan so se fan puntualmente naqueles lugares que presentan algún problema de salubridade.

Nos xardíns se reduciu ao mínimo o rego ou incluso regan en días alternos. Nas duchas das praias téñense colocado carteis informando da necesidade de gastar o mínimo e insistindo en que eses elementos débense empregar exclusivamente para as duchas dos bañistas “porque nalgún caso atopámonos con persoas que as usan para lavar o seu material náutico”.

Neste sentido apunta o edil que ten previsto reunirse cos responsables do clubs deportivos da zona para que avisen aos seus usuarios da prohibición deste tipo de prácticas.

Insiste Alvarez en que os datos non son alarmantes pero si que hai que estar atentos. Polo de agora a traída municipal non presenta problemas ao atoparse ese encoro do que se abastece Redondela ao 95%. Máis complicada a situación nalgunhas comunidades de augas que se autoxestionan e que este ano está a padecer algún problema e xa comezaron a adoptar medidas máis drásticas.

“Non hai que baixar a garda pero ante todo unha mensaxe de tranquilidade e tamén de prudencia para que a  xente non realice malas prácticas que supoñen un consumo excesivo e innecesarios de auga como o enchido de piscinas ou lavado de vehículos particulares. Ante todo “realizar un consumo responsable”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará