Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornadas de portas abertas para promocionar o pickleball en Soutomaior

picketball

Esta nova modalidade deportiva combina elementos do tenis, pádel, badminton e ping pon e conta cada día con máis adeptos. O Concello de Soutomaior foi o primerio galego encontar cunha pista pública deste deporte e busca agora animar a veciñanza a practicalo. As xornadasde portas abertas ser´na os días 7 e 8 de agosto e compre inscrición previa nos teléfonos 625 378 774 ou no 659 023 520.
O pickleball é unha combinación de ping-pong, o bádminton e pádel que se xoga nunha pista de aproximadamente un terzo do tamaño dunha pista de tenis cunha rede de 85cm de altura. Xógase cunha pá, parecida á do ping-pong pero de maiores dimensións, e cunha pelota oca e perforada. É unha disciplina deportiva indicada para todas as idades xa que, do mesmo xeito que no bádminton, a elota apenas pesa e non é necesario realizar grandes esforzos físicos. Dende inicios de ano o concello conta cunha pista para practicalo na área deportivada Montesiña, lugar no que se van desenvolver estas xornadas de protas abertas o domingo 7 e o luns 8.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará