Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco comeza a pretemporada e suma unha década en categoría nacional

Choco Pretemporada

O equipo de Terceira División xa comezou a pretemporada baixo as ordes de Juan Amoedo. Con algunhas baixas con respecto ao ano pasado e unha decena de novas fichaxes, o club ten como principal obxectivo “manterse nesta categoría tan bonita e competitiva na que levamos xa 10 anos”, sinala o presidente Iván Crespo.

O club ten como principal obxectivo “manterse nesta categoría tan bonita e competitiva”

O redondelán  Juan Amoedo conta esta tamporada no Corpo Técnico con Dani Núñez como adestrador de porteiros e a un vello coñecido, Dani Pacula, como preparador físico. Ademais están a facer a a pretemporada co equipo sénior os xuvenís Edy, Xián, Edu e Álex Calvar. Por outra banda Lucas Rodríguez, Rubén Barciela, Diego Vales e Omar, que a pasada temporada disputaron o seu derradeiro ano de xuvenís, tentarán facerse un oco no cadro de xogadores que formarán parte do equipo desta nova campaña 22/23. É unha mostra máis da importancia que o CD Choco dá á súa canteira, sendo un dos clubs con máis rapaces nos equipos de categorías inferiores. Esta temporada volverán a sumar unhas 300 fichas, segundo explica o presidente, con moi bos resultados en todas as categorías.

Iván Crespo afirma que o club volverá reunir a uns 300 xogadores en categorías inferiores

Durante o mes de preparación o CD Choco xogará diferentes partidos amigables. O máis inmediato mañá mércores, día 3, ante o Racing de Castrelos, equipo que acaba de ascender a Preferente. Será ás 21.00h en Santa Mariña. Para o sábado, día 6, teñen reservada para os afeccionados unha interesante cita. Recibirán ao Coruxo dos irmáns Montes, no que xogan tamén futbolistas que pasaron polas filas choqueiras. Será ás 20.30h no campo redondelán.

O sábado reciben en Santa Mariña ao Coruxo dos irmáns Montes
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará