Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pavillón da Marisma acolle unha exhibición de fútbol sala con protagonismo para os máis cativos

fs

Organizado polo Grupo Casa Paco, o pavillón acolle este martes día 17 de maio unha nova edición do torneo exhibición Fútbol sala mini coa participación dun total de cen xogadores de oito equipos. Así, participarán  o Chapela CF, a Sociedade Deportiva Pazos, o Verdugo, o Arealonga, o equipo do Val Miñor, da S.C.D. Salcedo, e a Fundación Celta ademais do club organizador, o Grupo Casa Paco 81.

Unha exhibición que se recupera logo de dous anos de parón e que celebra a súa IV edición, o que permitirá ver a cativos de 5 e 6 anos dando os seus primeiros toques de balón.

Os encontros arrancarán ás dez da mañá e prolongaranse ata as 14:30, horario no que está prevista a entrega de diplomas e agasallos así como o sorteo de empanadas de choco da panadería Pili.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará