Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os títeres plántanlle cara ao mal tempo

titeres

O Festival Internacional de Títeres vivía na fin de semana dúas xornadas intensas de actividades que se prolongarán tanto hoxe como mañá e que inclúen propostas de rúa así como actuacións de sala, hoxe luns con Teatro Matita de Eslovenia (20:00 horas no Multiúsos) e mañá cos redondeláns Tanxarina títeres (19:00 horas) que ofrecerán a obra A Cazola de Lola. Continúan tamén as propostas de rúa, coa instalación Ingenii Machina de Alauda teatro na Casa da Torre e actividades musicais e titiriteiras a partir das seis na Pista da Xunqueira, no Salgueirón, no palco da música, na Praza do Concello e no Paseo da Xunqueira.

A tromba de auga e sarabia que caeu o sábado en Redondela obrigou a pechar prematuramente alguns dos espectáculos, pero na xornada de onte a situación volvía a normalidade. As carpas instaladas para a ocasión garanten que se poidan desenvolver as actividades previstas como a instalacións permanente de Alauda Teatro na praza da Casa da Torre. ‘Ingenii Machina’ é unha  proposta da compañía de Castela e León na procura de achegar e difundir, dun xeito ameno e divertido, os segredos da mecánica clásica. Unha actividade para xogar e descubrir o funcionamento dos autómatas, os monicreques xigantes ou realizar xogos de habilidade, que se poderá visitar hoxe luns de 17:00h a 20:00h e o martes, último día do Festival, de 12:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h.

Alauda Teatro

Os espectáculos itinerantes volverán percorrer o centro da vila, e animarase a toda a veciñanza a participar activamente disfrazada de exploradores ou de personaxes fantásticas para acompañar as propostas dos ‘Gigantes’ dos rioxanos de Birloque Títeres, ou os ‘Granujas a todo ritmo’ de MG Producciones.

Ademais de monicreques, a música estará moi presente nesta edición con concertos de Uxía Lambona e a Banda Molona hoxe ás 18:00 horas, Cé orquestra pantasma ás 19:30, Pakolas ás 20:00 horas ou Breocáns ás 21:00 horas e agrupacións como The Turre’s Band e Fanfarria Furruxa que actuarán mañá martes.

O martes haberá tamén diferentes propostas a partir das 12 do mediodía, entre elas a do grupo Trécola Producións que celebran en Redondela o 40 aniversarios da súa primeira función. Fano cunha proposta de marionetas de fío que leva por título “A saga de Flin Havardr” que se poderá ver na pistas da Xunqueira ás 13:00 e as 18:00 horas.

Trácola Teatro
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará