Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Eliminado un punto de augas residuais no polígono industrial de Amoedo que vertía no Alvedosa

poligono

Os técnicos de Augas de Galicia localizaron este foco tras recibir a alerta do Servizo de Emerxencias 112, dando conta dun vertido de escumas cara ao río. Os inspectores localizaron a orixe do foco nos baldeos realizados cara a unha reixa de pluviais no interior das instalacións dunha empresa da zona

Os técnicos da Xunta verificaron recentemente o cese da contaminación, tras proceder a empresa á conexión das augas de baldeo cara ao sistema de depuración das instalacións

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco tras recibir unha alerta a través do Servizo de Emerxencias 112 dando conta dun vertido de escumas cara ao río.

As comprobacións realizadas polo persoal de Augas de Galicia permitiron identificar a orixe das escumas nos baldeos realizados cara a unha reixa de pluviais no interior das instalacións dunha empresa da zona. Ante a deficiencia observada, os técnicos da Xunta requiríronlle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de emendar o foco.

Nunha nova inspección xirada á zona, o persoal de Augas de Galicia verificou que desde a empresa procederon a conectar as augas de baldeo cara ao sistema de depuración das instalacións, emendando así a contaminación asociada a este foco cara ao dominio público hidráulico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará